Get Adobe Flash player

II Premio Apalpador para Actividades Escolares e Extraescolares

Figura de cabalo realizada por Xosé A. Catoira para o Premio ApalpadorAcordo do xurado do II Premio Apalpador, 2011O Premio pretende recoñecer os méritos das actividades escolares e extraescolares que teñen como eixo a figura do Apalpador lonxe de competencias e rivalidades. O retorno da figura está sendo posíbel grazas ao esforzo, agarimo e ilusión duns e outros. Escolantes, pais e nais, rapazas e rapaces e tamén profesionais espallados por toda Galiza e que sen coñecérense entre si únense en Irmandade para tirar da corda que traerá definitivamente ao noso Apalpador.

Por todo isto, grazas a todos os que puxeron a súa frangulla!

Como recoñecemento ao seu traballo, que non se limitou só á exposición da figura, senón a propia investigación entre as nenas e nenos do centro, e á súa expansión fora do mesmo, dámoslle o

Premio Apalpador para actividades escolares ao:

  • CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela

Como recoñecemento ao que supón que un grupo de mulleres cantareiras, do nivel e a forza humana delas, sexa o primeiro que saque en disco a canción do Apalpador, por ser exemplo e liña a seguir por outros, e pola utilidade de ter unha versión tan marabillosa da mesma, outorgámoslle o Premio Apalpador para actividades extraescolares a:

  • Malvela

Do mesmo xeito, quixéramos recoñecerlle os méritos a tantas e tantas persoas implicadas que souberon pular pola figura do Apalpador outorgándolles diploma de recoñecemento a:

  • Asociación Queremos Galego de Marín, polo seu concurso de Cartas ao Apalpador
  • ANPA Airiña de Allariz, polo seu concurso de postais
  • Concello de Castrelo de Miño, por dedicarlle ao Apalpador a última das feiras temáticas tradicionais do ano 2011
  • Cooordinadora de equipos de Normalización Lingüística, en representatividade de todos os traballadores dos ENDL que tanto fixeron e fan pola recuperación do noso personaxe

Ao tempo, a Irmandade dos Apañacastañas quere simbolizar o seu agradecemento nomeando Irmandiños de Honra a:

  • Manuel Núñez Singala, Mercedes Queixas Zas e Xurxo Souto Eiroa, pola súa colaboración na edición do I Premio
  • Kiko Novoa e Isabel Freire, estensivo aos seus equipos, pola difusión do Apalpador no seus espazos radiofónicos Galicia por Diante e Coñecer Galicia da Radio Galega

Xa está á venda o novo libro do Apalpador


Este Nadal temos novo libro: O Apalpador e a castaña máxica.

O señor Apalpador, como todos os días, érguese cedo e fai os seus labores cotiáns. Mais un día decátase de que algo mudaba esa rutina, non atinaba ben a identificalo, pero parecía que as cousas que pensaba volvíanse realidade. Algo misterioso? Algo máxico? Será unha castaña a responsábel de todo? Será unha castaña distinta? Pero… pásalle só a el?

 

O sábado 10 de decembro estaremos na festa da Pisa da Castaña

Do mesmo xeito que fixeramos co noso primeiro libro, O Courel vai ser o inicio da campaña de presentacións de «O Apalpador e a castaña máxica» farémola durante a XIII festa da Pisa da Castaña.

 

O luns 12 de decembro estaremos cos gañadores do Premio Apalpador 2010

Coma homenaxe ao traballo feito no seu centro, o luns estaremos no CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras presentándolles aos rapaces, e a todos os que o centro quera convidar, o noso novo libro