Os contos do Apalpador de Xoán G.

O Apalpador e o arco da vella

Un novo título para este Nadal O Apalpador e o arco da vella

Desta vez, a dona das augas, Coventina, agasalla ao Apalpador cun frasquiño máxico. Unha serie de amigos buscará as sete fontes, os sete ríos e os sete mares e, pinga a pinga encherao de auga. Grazas á maxia que agocha aparecerán arcos da vella por todo o país e levarán ao Apalpador de casa en casa para que entregue os seus agasallos e as súas castañas.

Dous títulos que non podes perder O Apalpador e mais O Apalpador e a castaña máxica

O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos ás nenas e nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están a durmir e apálpalles a barriguiña por ver se xantaron abondo e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.
Ten un tronco común con outras tradicións europeas e do norte de España (Olentzero basco e Esteru astur-cántabro) e probablemente a mesma orixe, pero que desgrazadamente en Galiza estaba practicamente esquecido.
O rito da Noite do Apalpadoiro foi descrito por varios estudosos e a figura do personaxe refírese na zona da montaña lucense e, nomeadamente, no Courel.
No oriente ourensán existen referencias a este personaxe aínda que, nalgúns casos, con outros nomes e, noutros, con atribucións menos simpáticas como son as de espantar aos nenos.
Nestes contos, Xoán G. pretende espilo das deturpacións que ben poden responder a superposicións pouco afortunadas doutros costumes e quedarse co concepto positivo do personaxe e co seu agarimo.

O Apalpador O Apalpador e a castaña máxica