Escribe a túa carta!

O Apalpador

Apdo. 7070

15002 A Coruña

Este ano tamén. Todas as cartas que recibamos entrarán no Premio de Cartas ao Apalpador 2016. Só tendes que enviar a vosa carta ao apartado 7070 da Coruña.

Valoraremos as máis inxeniosas, as mellor escritas e as que amosen valores naturais, sinceros e positivos.

Tamén é importante pór a idade, pois clasificarémolas por tramos. O concurso está aberto a todo o mundo que lle escriba ao Apalpador, mais está destinado principalmente a estudantes de infantil, primaria e primeiro ciclo de ESO. Tamén poderán participar grupos cunha carta común; pensamos en aulas, asociacións, clubes, equipos deportivos, familias, ou mesmo unha panda de colegas.

O resultado do concurso darase a coñecer o 31 de decembro, na Noite do Apalpadoiro, a través deste sitio web: www.apalpador.com, polo que só poderemos avaliar as que teñamos ao noso dispór o día 30 (Correos non abre o 31)

cartazcartas2016Para pór no taboleiro de anuncios

Moitas grazas pola acollida aos nosos colaboradores, que agasallarán ás premiadas e premiados con moitas cousas: As Casiñas Do RibeiroGalaxiaOQOEdicións XeraisOZOCOgzBiblos Clube de LectoresGalileo NenosLummerlandOs LanuxosCaurelor.
As premiadas e premiados recibirán os vosos presentes coa ilusión infantil que lles son de seu.

Deixe un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *