Cartóns e adhesivos

Xa sabemos que O Apalpador pode chegar ás nosas casas as noites do 24 de decembro, do 31, ou do 5 de xaneiro, segundo sexa o costume do lugar, da casa ou dos nenos. E como ten ese traveso costume de deixalos agochados, aí vos vai unha axudiña para que atopemos cadanseu o noso. Deixámosvos uns deseños de etiquetas para identificalos, ben adhesivas ou a xeito de tarxeta


Adhesivo para pegar nos agasallos co nome dos destinatarios.
É preciso ter papel adhesivo para impresoras, pero iso non é dificil de atopar. Tamén está a opción de facelo noutro papel e colalo con cola de barra


Cartón díptico para escribir dentro algún lema ou dedicatoria. Polo reverso leva unha pequena reseña sobre O Apalpador.
Debe de facerse en cartolina e moito mellor en papel fotográfico