Blogues
Palabra de autor, palabra de autora
Xoán G. estivo presente no programa cultural "Palabra de Autor, Palabra de Autora" co seu libro O Apalpador, a emisión foi o xoves 3 de xuño do 2010, coma sempre as 15.15h.
A Irmandade dos Apañacastañas, unha realidade
En todo este tempo que estivemos apagados non pensedes que estivemos inactivos. A Irmandade dos Apañacastañas xa é unha asociación inscrita no Rexistro de Asociacións, temos CIF, conta bancaria e estamos tramitando a alta no Censo de Asociacións Culturais e no das Prestadoras de Servizos á xuventude.
Moita burocracia, mais nós coidamos que pagaba a pena pasar por ela. Polo dagora todos son traballos e gastos (a nosa conta ten 0€) pero isto non nos arreda. Queremos medrar e medrar e que o Apalpador sexa unha realidade nos próximos Nadais galegos.
Que teñades un marabilloso 2010 e que este sexa o ano do Apalpador
Xa estamos no 2010 e queremos felicitar e amosar o noso máis fondo agradecemento a todos os Apañacastañas, Amigos e demais xente que se nos xuntou a empurrar pola recuperación do Apalpador. Agardamos así mesmo que as nosas peticións para o aninovo se fagan realidade:
Estivemos o 29 de decembro en O Barco e mais en Ribadavia
O día 29 presentamos o libro O Apalpador en O Barco de Valdeorras, na Biblioteca municipal. Foi ás 12 da mañá e estiveron máis de setenta nenos que participaban no acampamento urbán, ademais dos adultos. Os rapaces portáronse de marabilla e participaron no coloquio posterior. Un 10 para todos eles. E outro para a organización.
Polo serán estivemos en Ribadavia, tamén na Biblioteca municipal, na que tamén participaron unha morea de rapaces. Ao igual que en Valdeorras portáronse moi ben. Así como a organización.
Grazas a todos e
Así, así esteades todo o ano
Estivemos en Bos Días Magacine da TVG
A Televisión de Galicia amosa a figura do Apalpador no programa Bos Días Magazine no que participa André Seoane da Gentalha do Pichel e mais Xoán G. Podes ver o video se premes no Leer máis
Unha carta

A través da editorial Biblos chegounos esta marabillosa carta de Irea que non podemos resistirnos a amosar.
Presentación do libro «O Apalpador»

Estivemos na Festa da Pisa da castaña, en Froxán. Unha marabilla de lugar que recomendamos visitar. Sentimos verdadeira vergonza non telo coñecido antes, pero máis vale tarde que nunca. Chovía, chovía e chovía, pero iso non minguaba para nada a nosa admiración.
O conto do Apalpador
Xa saiu do prelo O Apalpador, o conto de Xoán G. que edita Biblos. A presentación mundial farase no Courel na festa da Pisa da Castaña o 6 de decembro. Para ir degustandoo podedes velo en PDF se premes na ligazón de abaixo.
En tempos de crise
Non corren bos tempos, non señor. Non son bos tempos para Galiza na Economía, non o son na Lingua, non o son na Política e non o son en outros moitos aspectos da sociedade. Mais disque nos tempos de crise sae o mellor de nós mesmos, que botarlle a culpa á crise é unha covardía e ignorala é encistar o conformismo.





Comentarios recentes
hai 19 semanas 4 días
hai 38 semanas 6 días
hai 39 semanas 1 día
hai 39 semanas 2 días
hai 39 semanas 6 días
hai 39 semanas 6 días
hai 41 semanas 11 horas
hai 41 semanas 13 horas