Get Adobe Flash player

Cantiga do Apalpador


 
 
Aquí temos a marabillosa Cantiga do Apalpador que gravou Malvela. A letra, como sabedes, é tradicional e a música púxolla Ana Senlle. Podedes conseguila no disco Raianas ou ben na rede en Spotify e mais en ITunes.
Este vídeo está composto coas imaxes do conto O Apalpador de Xoán G.

 

A letra, que todas e todos coñecedes, é a seguinte:

Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña

Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.