Get Adobe Flash player

Grafomotricidade 1, Contar até 5 e Os tamaños

Como sabemos que un dos nosos destinos é o dos pre lectores, e non tiñamos preparado nada específico para eles, ocorréusenos facer unhas fichiñas de grafomotricidade, outras para aprender a contar até 5, e por fin outras para xogar a distinguir os tamaños: grande, mediano e pequeno. Así, ao traballar en aulas coa figura do Apalpador, poderedes apoiar o tema con elas. E, como non podía ser doutro xeito, tamén serven para os fogares, asociacións, bibliotecas e calquera outro lugar lúdico, para ter entretidos aos cativos con divertimentos formativos.

Grafomotricidade Apalpador Grafomotricidade Choiva Grafomotricidade Follas Grafomotricidade Casiñas Grafomotricidade 1 Todas
Apalpador Un Apalpador Dous Apalpador Tres Apalpador CatroApalpador Cinco
Un Dous Tres CatroCinco

Apalpador Contar Apalpador Contar Colorear Apalpador Contar de un a cinco
Apalpador TamañoÁrbores TamañoOso Tamaño Tamaños 1

 

Flora

Incluímos as que nos pareceron máis salientábeis: os acivros, especie protexida e que outrora foi alimento das pitas do monte, o carballo, o castiñeiro, como non!, a faia, a sobreira e a uz, uceira ou queiruga, como queirades chamarlle.

Acivro Acivro Colorear Carballo Carballo Colorear
Castiñeiro Castiñeiro Colorear Faia Faia Colorear
Sobreira Sobreira Colorear Uz Uz Colorear
Flora 1 Flora Colorear 1

 

Fauna do Courel

A primeira colección de Fauna do Courel, a terra do Apalpador, aínda que varios dos animais son comúns a case todas as montañas da Galiza. Algúns están prácticamente desaparecidos do país, polo que pensamos que o seu coñecemento poderá contribuír á súa volta.

En primeiro lugar está a Pita do Monte, un ave que está practicamente desaparecido dos nosos montes mais que teñen un hábitat natural neles e deberamos facer o posíbel por que retornase. Logo o Bufo Real, ave rapaz de bo tamaño que por sorte aínda mora en moitas partes da Galiza. A seguir, o Corzo, un cérvido de tamaño medio que tamén temos a sorte de gozar por moitas partes. Despois, o Xabaril, porco bravo que fai xantar predilecto do Apalpador. O Oso Pardo, que marchou dos nosos montes porque non se lle deixaba vivir e agora volve de cando en vez, mais só quedará se o axudamos. Por último temos ao Lobo, ese cánido ao que tanto mal lle fixeron moitas historias fantásticas que nada teñen que ver coa realidade.

Faltan moitos, xa o sabemos: raposos, águias, cervos… mais xa viran, e da flora tamén: nogueiras, xestas, albedros…

Engadimos desta volta dous xoguiños, labirintos, para que o Apalpador atope o seu xabaril e o oso o seu mel, que vos cunda.

Podedes baixalas en PDF por separado ou todas xuntas.

Pita do monte Bufo realCorzo
Pita do monte Bufo realCorzo
Xabaril</a> <a href=OsoLobo
Xabaril OsoLobo
Xabaril</a> <a href=Oso
Xabaril Oso
Galaicodytes Caureliensis Galaicodytes Caureliensis Colorear

Fauna I

 

 

Láminas do Apalpador

Para colorear coa imaxe do Apalpador, están ao voso dispór, podedes baixalas en PDF por separado ou todas xuntas, logo imprimilas e… A coloreaaaaar!.

O Apalpador O Apalpador O Apalpador
O Apalpador O Apalpador O Apalpador
O Apalpador O Apalpador

 

Imaxes do Apalpador para usos varios

Estas imaxes podedes usalas para imprimir, tamén nos vosos correos, sitios web, blogs etc.

Como sabedes son só para uso non comercial, con licenza Creative Commons, como indica no pé da páxina

Imaxe1 a 150px

Imaxe1 a 360px

Imaxe1 a 600px

Imaxe1 a 1000px

Imaxe2 a 150px

Imaxe2 a 360px

Imaxe2 a 750px

Imaxe2 a 1000px

Imaxe3 a 180px

Imaxe3 a 300px

Imaxe3 a 500px

Imaxe3 a 800px

Imaxe3 a 1100px

Aperta300

Aperta a 300px

Aperta a 600px

Aperta a 800px

Aperta a 1100px

 

 

Modelos de cartas ao Apalpador

Para lle escribir pedindo os agasallos


Carta para impresoras que imprimen a sangue, é dicir até os bordos, sen marxes brancas


Carta para impresoras que non imprimen até os bordos, que deixan marxes brancas

Se queredes facer un reparto de cartas por conxunto, recordade que na tenda da Irmandade dos Apañacastañas hai pacotes de 50 e 100 follas.
· Saen máis a conta que as copias dixitais.
· e ademais axudades ao desenvolvemento da Irmandade

 

 

Cartóns para pór nos agasallos

Xa sabemos que O Apalpador pode chegar ás nosas casas as noites do 24 de decembro, do 31, ou do 5 de xaneiro, segundo sexa o costume do lugar, da casa ou dos nenos. E como ten ese traveso costume de deixalos agochados, aí vos vai unha axudiña para que atopemos cadanseu o noso. Deixámosvos uns deseños de etiquetas para identificalos, ben adhesivas ou a xeito de tarxeta


Adhesivo para pegar nos agasallos co nome dos destinatarios.
É preciso ter papel adhesivo para impresoras, pero iso non é dificil de atopar. Tamén está a opción de facelo noutro papel e colalo con cola de barra sobre o papel de agasallo


Cartón díptico para escribir dentro algún lema ou dedicatoria. Polo reverso leva unha pequena reseña sobre O Apalpador.
Debe facerse en cartolina e aínda mellor en papel fotográfico

Cartaz

2 Responses to Láminas e imaxes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *