En tempos de crise

Non corren bos tempos, non señor. Non son bos tempos para Galiza na Economía, non o son na Lingua, non o son na Política e non o son en outros moitos aspectos da sociedade. Mais disque nos tempos de crise sae o mellor de nós mesmos, que botarlle a culpa á crise é unha covardía e ignorala é encistar o conformismo.
A Lingua está a ser agredida dun xeito brutal, probabelmente coma nunca o foi na historia. Si, a idea de que a lingua non era apta para as castes referentes, para as xentes «alfa» como se ven a sí mesmos, callou no pobo logo de cincocentos anos, pero a Lingua mantívose. Agora o discurso perverso é que utilizar a nosa lingua, é impoñela, dirixirse a alguén en galego xa non é un feito natural, nin sequera un dereito, é unha imposición.
O peor de todo isto é que tal discurso perverso calla porque realmente atoparon coa fórmula. A resistencia ás imposicións é universal. E ao cabo o galego está perdendo falantes e sobre de todo está perdendo presencia. Até o de agora, quen vía a un conselleiro falar nos medios en castelán? fose do partido que fose. Cando menos chamaba a atención e salientábase o feito. Pero parece que desde que alguén lle atopou unha estrana utilidade para conseguir votantes ao tema do español, a caixa dos tronos ergueu a tapa e velaí tes. Agora o supostamente moderno, o que está tristemente de moda e que quen se considere de caste alfa, quen pense de sí mesmo que o cargo que ocupa dalle unha preminencia na sociedade, ten que falar ESPAÑOL para estar na onda. Non son bos tempos, non señor.
Non son bos tempos para a Economía. Ante a fraxilidade demostrada do modelo económico global, as empresas con economías locais resíntense polo clima de crise, que fai reducir as financiacións, os consumos, as expansións etc. Esta situación provoca que quen teña un emprego teña un tesouro (coma se dun amigo se tratase). Xa non se trata dun dereito básico, senón dun «privilexio», o que ao cabo remata coa imposibilidade práctica realizar máis reivindicacións sindicais que as estrictamente imprescindibeis. Non son bos tempos, non señor.
No son tampouco bos tempos para a política, para o ensino, para a xuventude e para os máis dependentes.
Pero, perdoa Celso Emilio que che roubemos uns versiños, como ti ben dixeches «Pois que cada tempo ten seu tempo...» temos que dicir que, agora, xa, neste momento «Este é o tempo de loitar». Non podemos quedar coas mans atadas, non podemos facer sillón-bol, non podemos durmir nunha «longa noite de pedra». A recuperación da nosa identidade, da nosa diferencia como pobo, da nosa unidade como alternativa na universalidade é imprescindibel se non queremos morrer coma grupo humano. A nosa proposta de recuperación e espallamento da figura do Apalpador é moi modesta, é innecesaria se se quer, hai outras cousas máis importantes hoxe en día, ben seguro. Pero, é tan doado comezar por algún sitio!

Tarxetas do Apalpador

O ano pasado fixen unhas tarxetas para pór o nome dos meniños nos saquiños que deixou o Apalpador. Aquí vos deixo a ligazón por se os queredes empregar :)

http://dalleuncolinho.blogspot.com/2008/12/tarxetas-do-apalpador.html

saudiñosssssss

Se puidese engadir son,

Se puidese engadir son, aquí habería un gran aplauso.