Os amigos do Apalpador
O Apalpador é amigo de todos, de pequenas e pequenos, pero tamén de grandes, de probes e de ricos, dos da montaña e dos da costa, das aldeas, das vilas ou cidades. Non fai distincións entre cristiáns, musulmáns, xudeos, ou da relixión que sexa, porque el o que celebra e o solsticio, a unión do home coa terra e cos astros. E ademais ten un corazón case tan xigante coma el.
Aló na montaña, entre carballos e castiñeiros, fai xoguetes coa puntiña da navalla e lévallos ás nenas e nenos. Mais el só non da feito e os seus xoguetes non chegan para todos. Entón o que fai é procuralos por aí adiante. O conto é que a todos trae agasallos e non ha deixar a ninguén sin o seu polas datas de Nadal.
Aquí podes atopar en breve unhs modelos de cartas para lle escribir e pedirlle canto desexes. Pero ollo! pensa ben o que lle pides! porque hai moita xente e será mellor repartir e non que uns leven moito e outros nada. Xa sabes que o Apalpador malia seres máxico non lle pode levar a todo o mundo todos os agasallos que lle pidan.




Comentarios recentes
hai 19 semanas 4 días
hai 38 semanas 6 días
hai 39 semanas 1 día
hai 39 semanas 2 días
hai 39 semanas 6 días
hai 39 semanas 6 días
hai 41 semanas 11 horas
hai 41 semanas 12 horas