Unha carta

A través da editorial Biblos chegounos esta marabillosa carta de Irea que non podemos resistirnos a amosar.
Como a imaxe é pequena e pode ser que non se lea ben, transcríboa:

 
Quérote Apalpador:
Gostariame que este nadal me trouxeras un cabaliño pequeniño.
E non te esquezas dun saquete de castañas.
un bico
Irea

Os debuxos son fermosísimos como veredes, e coiodamos que saímos moi favorecidos!

Por certo, o sobre era outra marabilla, todo debuxadiño! Pero como podedes comprender non debemos publicar datos de menores na web como os seus apelidos e o enderezo e por iso só amosamos este debuxo