Que teñades un marabilloso 2010 e que este sexa o ano do Apalpador
Xa estamos no 2010 e queremos felicitar e amosar o noso máis fondo agradecemento a todos os Apañacastañas, Amigos e demais xente que se nos xuntou a empurrar pola recuperación do Apalpador. Agardamos así mesmo que as nosas peticións para o aninovo se fagan realidade:
Recuperación e avanzo do estatus do Galego na vida social e mais no ensino.
Recuperación e avanzo no emprego e nas condicións laborais das traballadoras e traballadores.
Recuperación e avanzo na presenza do Galego, de Galiza e da cultura propia nos medios de comunicación.
Moito éxito ás empresas que tentan reuperar o noso patrimonio cultural material e inmaterial e as que crean riqueza sostible.
E en fin que a todos aqueles que rabuñan unha terra para se sementaren a sí mesmos, que lles erga ceibe o seu froito!



Comentarios recentes
hai 12 semanas 6 días
hai 13 semanas 2 días
hai 13 semanas 3 días
hai 14 semanas 2 horas
hai 14 semanas 3 horas
hai 15 semanas 1 día
hai 15 semanas 1 día