Os Apañacastañas

Os Apañacastañas xa poden ter acceso ás indicacións de posta en escena do Apalpador


Se estás rexistrado como Apañacastañas poderás ver o texto elaborado para a unificación do comportamento do personaxe. Con isto só se pretende servir de axuda para que a actitude de todos os Apalpadores sexa uniforme sexa onde sexa que se amose, respectando a liberdade de interpretación das tradicións.

A tradición conta que O Apalpador deixa aos nenos unha presa de castañas amais doutros agasallos. Logo, como son tantas castañas, teñen por forza que ser máxicas e suponse que ao Apalpador terá que axudarlle alguén a apañalas, por iso decidimos crear a Irmandade dos Apañacastañas. Unha irmandade secreta formada por todos os que axudamos a que O Apalpador faga realidade os soños dos máis pequenos. Pero ollo, nin el nin eles poden enterarse de que o estamos a axudar. Unha irmandade de todos cantos colaboran nos seus traballos, desde os que espallan a súa figura, até os que achegan donacións para que isto medre.
Apúntate á Irmandade dos Apañacastañas para que isto siga adiante e que O Apalpador poida manterse.