Get Adobe Flash player

Outros personaxes

Coa forza da nosa imaxinación podemos facer realidade todo, se non é no mundo tanxíbel é na nosa cabeza. Só temos que querer.

nenosagasallos

É un costume en todas as culturas fornecer de ferramentas aos nenos para o desenvolvemento da imaxinación, a creatividade e a intelixencia. O xogo é unha actividade imprescindíbel e o xoguete a ferramenta que enlaza realidade con imaxinación. O intercambio de xoguetes é polo tanto unha actividade da lóxica evolución do xogo.

xoguetesantigosterracotasromanas

Xoguetes de madeira da antigua Grecia e outros de terracota romanos.

 

 

A eterna pregunta dos nenos

reismagos

Os Reis, Papá Noel, o Apalpador… existen?

Pois craro que sí! Ben seguro!

Todos?

Pois si!

E… son unhs mellores que outros?

Non, todos son igual de bos!

Entón?

 

 

Personaxes de Nadal

sinterklaas2sinterklaassinterclaes

San Nicolás é un bispo da Anatolia, ao sul de Turquía do século IV e con todo é a orixe de Papá Noel ou Santa Klaus, que pola contra vén do polo Norte. Nestas imaxes pódese apreciar que as cores do actual Santa proveñen en realidade do rito holandés, non da Coca-Cola como algúns quixeron pensar, Haddon Sundblom non é o autor das cores. O baixorelevo da dereita está en Ámsterdam e é do século XVII

fatherchristmasfatherchristmas2

Father Christmas é un personaxe britanico e doutros países nórdicos. Un vello de aire rexio (superior), moi abrigado, con carapucha, pero as máis das veces vestido en cor verde (probabelmente veña de aí a crenza popular de que Haddon Sundblom fose o que lle deu as cores da Coca-Cola ao Santa). Como se pode ver representouse tamén montado sobre a Yule, común a outros países nórdicos e Islandia.

dedmoroz

Ded Moroz que quere dicir Avó Xeo é unha especie de San Nicolás ruso que lles dá os agasallos en man aos nenos en fin de ano.

joulupukki

Joulupukki é un vello finlandés que actualmente viste moi similar ao Santa, pero que nun tempo tiña outro aspecto.

yule1yule2yule3

Yule é unha curiosa tradición que pode facer entender outras.Trátase dun vello, dun tronco, dun doce (con forma de tronco) e dunha cabra. Parécenos moi curioso o do doce e tronco que nos lembra ao Tió catalán e ao noso esquecido Tizón de Nadal ou ao Tronco Olentzero, e pensamos que de seguro estará tamén vinculado á árbore de Nadal. A cabra pola súa parte porta os agasallos (como os renos de Santa Claus); hoxe en día constrúense bonecos de palla ou madeiras, algúns de tamaño xigante, coa forma da cabra.

stekkjastaur

O Stekkjastaur é un vello islandés, que, curiosamente ás veces tamén se lle ve montado na cabra.

olentzero

O Olentzero é un carboeiro basco.

esterucomillas

O Esteru é un leñador cántabro.

Os acompañantes

Hai varios personaxes que foron incorporados ao rito navideño, probabelmente por estaren moi enraizados, pero atendendo ás súas características parece que eran independentes nun tempo

krampus

Krampus, é un curioso personaxe malo de Austria, ten pinta de demo. E que acompaña a San Nicolás

Percht, é un personaxe similar a Krampus con máis de dez denominacións locais e que parece ten orixe en Perchta o Perhta-Baba o mesmo personaxe pero feminino e probabelmente vinculado á fada nórdica Freyja

belsnickelbelsnickelvermello

Belsnickel é un personaxe do sur alemán, un home das montañas que tamén vai con San Nicolás. Hai figuriñas deste personaxe en cor verde que asemellan ao Father Christmas e outros personaxes que en algún momento levaron as roupaxes dunha cor diferente á do actual Santa.

zwartepiet

Zwarte Piet, Black Peter é outro acompañante, unha especie de paxe negro que axuda a s. Nicolás.

knechtruprecht

Knecht Ruprecht é un vello que vai cun abrigo longo ou cunha ropaxe similar ás dos frades, mais a constante é que leva unha vasoira ou mada de xuncos para pegarlle á xente. Pola iconografía antiga poida ser que nun principio él mesmo fose un “Pai Natal” nórdico, independente de san Nicolás.

As mulleres

babouskabefana

Babouschka e Befana son dúas meigas, a primeira rusa e a segunda italiana, pero o rito é o mesmo, segundo a tradición quixeron enganar aos reis magos para que non chegasen a Belén.

A nós parécenos que todos teñen o seu aquel, so temos que procurarllo dentro de nós.

 

 

saturnalia

A superposición das culturas

Se pechamos os ollos e pensamos nas orixes dos ritos navideños, en como vivirían hai tres mil anos, por exemplo, como procuraban a comida e o abrigo, como se organizaban, pensaremos que coa chegada do inverno o que quererían era ter na casa a maior cantidade de alimento e leña para non ter que saír ao frío. Probabelmente isto produciu que como cada quen apañaba o que podía, entre eles intercambiábanse cousas, un touciño por unhas castañas… Pero quen retén aos ten na casa? haberá que darlles algo con que xogar. De aí, ben seguro, vén o costume dos agasallos por esas datas.

 

As tradicións nesta parte da Europa teñen que ver co lume e co alimento, o que fai sospeitar que son das máis antigas, porque son necesidades moi básicas. Están o Olentzero e o Apalpador que son vellos carboeiros, o Esteru que é leñador, o Tizón, o Tió e o tronco Olentzero que son troncos que se queimaban e, por exemplo no Tió catalán de onde saen doces para os nenos. O Apalpador trae castañas… Eran os bens máis prezados para pasar o inverno, calor e mantenza, incluso até non hai tanto os nenos saían cantar os reis e nas cancións que se conservan adoitaban pedir touciño.

 

Pero as culturas van mudando co tempo e coas circunstancias, en casos de xeito respectuoso e en harmonía e noutros, máis agresivo, nos que para afastar os costumes propios ponse en negativo todo o vencellado a eles, como por exemplo aquelo de «…se és bo traenche agasallos e se és malo… carbóns!». O que nos ritos autóctonos estaba considerado como positivo envórcase en negativo.

 

coroza

Pero como acontece nos contos de Asterix quedaron moitas aldeas irredentas que mantiveron en parte os ritos máis ancestrais. En algunhas mesturáronse os novos cos vellos e por iso hoxe é moi dificil desligalos.
O malo é que a forza do tempo fai que estas deturpacións das culturas propias callen na xente. Isto é o mesmo que nos está pasando coa língua e a cultura galegas, cada vez máis agredidas e coa mesma parece que calla en algunha xente que só se pode pensar en “global” para vivir a realidade. Ao contrario que en culturas ben afortaladas, parece que nós non temos lugar no mundo, que o noso é ruín e o alleo bó.

 

apalpadorlugo

Para nós a principal deturpación do personaxe é a da vestimenta. Segundo o recollido á xente do Courel vai vestido con casaca vella con retallos e cos pantalóns tamén escarallados. Nós mantemos que iso é froito da destrución do mito, non ten lóxica ningunha que mentres que o mito é un xigante, valor positivo nas tradicións, é dicir, que se lle quere dar un estatus de superioridade facéndoo mais grande que o común dos humanos; logo se lle vista farrapento, valor craramente negativo, con roupas peor que as nosas. Mentres entra de xeito misterioso e máxico nas casas e deixa agasallos e castañas, valores nídiamente bós, se lle nega unha vestimenta axeitada.