Escribe a túa carta!

O Apalpador

Apdo. 7070

15002 A Coruña

 

Este ano tamén. Todas as cartas que recibamos entrarán no Premio de Cartas ao Apalpador 2014. Só tendes que enviar a vosa carta ao apartado 7070 da Coruña. Valoraremos as máis inxeniosas, as mellor escritas e as que amosen valores naturais, sinceros e positivos.

Non vale pedir “… a paz no mundo”, “… que non haxa máis guerras”, “… a cura de todas as enfermidades” nin “… que o ano que vén me porte mellor…”. Todo isto está moi ben, pero ese desexo xa llo supomos a todas e a todos vós (e nós). Tampouco imos valorar os adornos das cartas, poden facerse, craro que si! Pero non se premiarán as mellor adornadas, ou por que sexan máis bonitas.

Tamén é importante pór a idade, pois clasificarémolas por tramos. O concurso está aberto a todo o mundo que lle escriba ao Apalpador, mais está destinado principalmente a estudantes de infantil, primaria e primeiro ciclo de ESO. Tamén poderán participar grupos cunha carta común; pensamos en aulas, asociacións, clubes, equipos deportivos, familias, ou mesmo unha panda de colegas.

 

O resultado do concurso darase a coñecer o 31 de decembro, na Noite do Apalpadoiro, a través deste sitio web: www.apalpador.com
Para pór no taboleiro de anuncios

Para pór no taboleiro de anuncios

 

Se alguén quere escribilas no noso papel de carta ao Apalpador non teñen máis que pórse en contacto connosco para facerllo chegar, son de balde, só hay que mandarnos o importe do envío.

Deixe un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *