A nosa filosofía sempre foi a de promover e axudar a promover a figura do Apalpador nas aulas, centros culturais, bibliotecas etc. Para isto traballamos arreo en tratar de simplificar o traballo de docentes, monitores e responsábeis culturais, fornecéndolles dun material que poidan utilizar, ben tal cual, ou como base para a elaboración dos seus propios á súa maneira.

Outros sitios web con información do Apalpador

Ademais da que teñen a coordenadora de ENDL, ASPG, Wikipedia etcétera, presentamos a seguir algunhas ligazóns interesantes. Non se inclúen as moitas feitas por colexios e bibliotecas dos mesmos que, malia seren moi interesantes, o seu número faría pouco practicábel a relación. De todos xeitos, se alguén coñece algúnha outra ligazón de interese, que nolas comente que estudiaremos a posibilidade de incluílas.