Demandas de Animadores e Contacontos

Quixéramos contar cunha base de datos dos contacontos, animadoras e animadores, técnicos ou empresas que poidan organizar actividades relacionadas co Apalpador, para poñer ao dispor de todos os que o necesiten. Do mesmo xeito gostaríamos de recoller as demanda que haxa destes profesionais para servirmos de intercambio.
Para contactar connosco, poñede no formulario de contacto a categoría “Animadores” e no Asunto “Oferta” ou “Demanda”. Logo dicide no corpo de texto o que vos pareza máis axeitado para o que queredes.
Non poñeremos os correos nin as persoas ou entidades que fan a solicitude co fin de evitar que algúns simpáticos dean a turra con caralladas.