Get Adobe Flash player

Ofertas de Animadores e Contacontos

Quixéramos contar cunha base de datos dos contacontos, animadores, técnicos ou empresas que poidan organizar actividades relacionadas co Apalpador, para poñer ao dispor de todos os que o necesiten. Do mesmo xeito gostaríamos de recoller as demanda que haxa destes profesionais para servirmos de intercambio.
Para contactar connosco, poñede no formulario de contacto a categoría “Animadores” e no Asunto “Oferta” ou “Demanda”. Logo dicide no corpo de texto o que vos pareza máis axeitado para o que queredes.
Non poñeremos os correos nin as persoas ou entidades que fan a solicitude co fin de evitar que algúns simpáticos dean a turra con caralladas.

 

One Response to Ofertas de Animadores e Contacontos

  • Irene Campelo says:

    Entre outras cousas son monitora de tempo libre. O que podo dicir é que me encantaría participar, organizar… algún evento ou actividade educativa onde poda ter presencia esta personaxe.
    Parabéns!!
    Contade comigo para traballar ou para participar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *