Actividade como Apalpador

No ano 2.008, os veciños de Doncos nas Nogais, na sua feira anual de Outono convidaronme a interpretar por primeira vez o papel de Apalpador tentando recuperalo dun xeito ambientalista. As veciñas e veciños do Caurel que participaban nesa festa gostaron da iniciativa e levaronme ata o seu Souto na Festa da Castaña nos anos 2008 e 2010.
A partir de ahí foron escolas, concellos, entidades culturais que me convidaron a levar o apalpador polas catro pronvicias a lugares como A Pontenova, Salceda de Caselas, Carballiño, Coles, Santiago de Compostela, Lugo (tanto no museu provincial como todos os dias 25 cun burro polas ruas da cidade), Monforte, e moitos outros lugares actuando tamén como Pandigueiro en Vilariño de Conso.

O meu traballo consiste en primeiro divulgar a figura tradicional do Apalpador, despóis divulgar a sua localización como pertencente a unha cultura de montaña e a un espazo de grande diversidade que todos deberíamos coñecer. A partir de ahí propoño unha viaxe ao Caurel a través dos contos, cun tronco oco dunha mazaira que unha Fada das montañas nos agasalla para que miremos o mundo a través do corazón das árbores. Dende ahi aparecen unhos personaxes, a nena Coureliña, o lobo Lor, o trasno do lixo, que nos apresentan a busqueda destos personaxes por salvar o bosque do Apalpador que esta chea de lixo e as suas árbores arderon pólo que non poderá baixar a deixar castañas asadas. As nenas e nenos cós contos salvan o bosque do apalpador e plantan castiñeiros, arbores contacontos, que manterán viva as tradicións da montaña.

Para rematar convidoos a xantar no Caurel froitas e verduras.

Na despedida propoñolles convertilos en apalpadoras e apalpadores co seguinte xogo. Teñen que xuntar as mauciñas para facelas quecer, cada neno ou nena pon a man na sua barriguiña e van dicindo así.

«Apalpabarrigas son
Apalpo a barriga côa miña man
E traio castañas asadas
As nenas e nenos que comen san»

Eu fágolles preguntas:

Mazas, peras, castañas e péxegos. Si ou Non? Eles respostan SIIIII
Perritos calientes, hamburguesas, quetchupss…. Si ou Non? Noooon
Caldiños de nabizas, zumes e leitiño quente? SIIII
Cocacolas, refrescos? Nooon
Verduriñas, leitugas, tomates, cenouras? SIIiii
Gominolas chucheerias? Noooon

E remato cociñandolles un contiño de postre sobre unha Xacia (muller peixe) do rio Miño (para entroncar personaxes que se estan esquecendo)

Vestimenta:

A miña vestimena son uns zocos do zoqueiro-gaiteiro chantadino Graciano (fundador do centenário grupo Os Barrios) Un pantalón de pana remendado com cores Unha camisa de pana verde, Un chaleco de lana, Unha boina rota Un pao de teixo, Unha cachimba, Unhos tirantes de corda vella Unha bufanda.
As veces viaxo nun vello triciceto e outras camiñando. Levo conmigo unha carauta vella de lobo feita de papel reciclado e mais o tronco oco dunha mazaira seca, o miraomundo. Uso tamén unha frauta de buxo feita pólo artesan Zalo (que me foi roubada na miña actuación do Carballiño e a ando a buscar)

Cobro o que me dean e os cartos os destino aos proxectos de repoboación forestal da editora “2teixos” libros plantabosques. Plantando teixos, acivros, sobreiras, capudres e faias.

Colaboro dende fai anos coas emisoras luguesas da Cadena Ser subindome todos os Martes a unha árbore. Todos os nadales subo ao apalpador para facer unha actuación dende a árbore dos contos.