Get Adobe Flash player

Usos do contido deste sitio web

O obxecto deste sitio web é o espallamento da figura do Apalpador, por esta razón todos os contidos son reutilizabeis seguindo as indicacións da licenza Creative Commons.

Todos os contidos deberán ser tratados con dignidade, con sentidiño e, a poder ser, con bo gusto, nada máis.

Como é doado supor, si alguén vai tirar un beneficio económico do traballo doutras persoas, é de honra compartir tales beneficios que non lle son seus en dereito. E pola mesma razón se alguén pretende pasar por autor do que non é, saiba, cando menos, que pode estar suxeito a accións legais.

Este sitio ven espallando polos colexios e centros culturais de toda Galiza o seu contido, docentes, animadoras e animadores, e rapazas e rapaces baixan calquera peza sen que isto supoña ningún tipo de vulneración da licenza, para isto estamos.

Gozade da nosa modesta achega ao espallamento do noso Apalpador.