Eric dalle as grazas a Xoán G. pola visita (Foto X. M. Casal - La Voz de Galicia)Hai unhas horas estivemos no Instituto Monte Neme de Carballo. Fomos convidados por Eric, o ourizo do monte que preside o Clube de Lectura da biblioteca do instituto.
Estivemos moi a gusto coa compaña dos Ourizos do Monte (Neme) presentándolles ao Apalpador, tamén estivo algunha profesora e algún profesor. Agardo que algún ouriciño conte aquí como o pasaron, eu xa vos adianto que o pasei fantástico, son unhas rapazas e rapaces fantásticos, incríbelmente respectuosos (iso para que o lean os pais) mais non por iso estiveron calados, cando lles tocou falar fixérono sen barullos nin acenos.

No único momento no que se notou que tiñan a idade que tiñan foi ao darlles permiso para comer as galletas que estaban enriba da mesa.
A aquelas horas que ben lles viña un pouquecho de enerxía! E malia iso sen montar escándalos nin facer parvadas!
A nosa percepción foi fantástica e pensamos que eles pasárono como nós.
Boas festas e…
Así, así esteades todo o ano

4 thoughts to “Visita a Eric e os Ourizos do Monte

  • Alex Fraga

    Foi moi divertido e interesante

    Responder
    • Apalpador

      Grazas rapaces, nós tamén o pasamos xenial.
      Así, así esteades todo o ano!

      Responder
  • Lois

    Ola k ase

    Responder
  • Paula e Uxía do Clube O Ourizo do Monte

    A tua visita pareceunos moi especial, gracia por vir e contarnos cousas tan interesantes sobre o Apalpador. Ese ser tan máxico que case estaba desaparecido pero grazas a ti e aos teus contos esta revivindo.
    Moitas gracias pola túa visita.
    Atentamente
    Paula e Uxía do clube de lectura o Ourizo do Monte.

    Responder

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.